martes, 20 de febreiro de 2018

ENTROIDO!!

O pasado venres, 9 de febreiro, o CEIP do Vicedo celebrou por todo o alto o entroido!! Este ano os disfraces estaban relacionados coa PDI "As Idades da Historia", impulsada desde a biblioteca.

Desta forma cada curso vestiuse coas mellores galas dos homes e mulleres da súa época histórica, sobre a cal levan facendo proxectos e afondando desde o mes de outubro. O resultado? Un auténtico túnel do tempo onde non faltaron os cavernícolas, exipcios (con Faraón e pirámide incluído), cabaleiros medievais, damas e nobres, e móbiles modernos.

Cada grupo realizou no pavillón un desfile relacionado coa súa época que preparou a nosa mestra de Educación Física ante a atenta mirada das familias. Ao final os nenos  e nenas de sexto animaron ao resto de alumnos e mestres dos demais cursos e rematamos a festa cuns bailes conxuntos amenizados polo noso conserxe DJ!!!















luns, 5 de febreiro de 2018

Febreiro prehistórico!!

O tempo pasa e a historia avanza no CEIP do Vicedo. Se o mes de xaneiro facía referencia ás covas prehistóricas do Paleolítico, o calendario do mes de febreiro ven cargado de instrumentos e ferramentas que utilizaban os nosos antepasados do Neolítico!!

Rusti e Lúa, novos inquilinos da biblioteca!

Como xa sabedes, o CEIP do Vicedo está inmerso no programa do Plan Proxecta, "Protexe os animais" e, entre as múltiples iniciativas e actividades que se están a impulsar desde o centro, temos a Rusti e Lúa!! 

Rusti e Lúa son unha parelliña de peixes que, desde fai unhas semanas, conviven con nós na biblioteca. Así, ademais de fomentar o coidado e respecto polos animais (xa que son os alumnos os que se encargan de darlles de comer) incentivamos aos nenos e nenas do Vicedo a acudir á biblioteca e coller algún libro para ler na casa.

Día da Paz!!


A semana pasada o CEIP do Vicedo celebrou o día da Paz, do 30 de xaneiro. Para conmemorar tan importante e emotiva data, os alumnos do centro prepararon unhas cancións musicais relacionadas coa temática que interpretaron maxistralmente, coma se pode ver no vídeo. Cancións, bailes, apertas, murais... Non faltou de nada!!

Desde a biblioteca elaboramos un "Muro dos desexos" onde os alumnos puideron escribir, nas semanas previas, mensaxes relacionadas coa paz no mundo.