domingo, 17 de decembro de 2017

Chegou o Nadal ao CEIP do Vicedo!!

Os alumnos e alumnas do CEIP do Vicedo son uns auténticos artistas e, unha vez máis, volvérono a demostrar con estas manualidades que realizaron para decorar a biblioteca do centro!! Parabéns a todos, gran traballo!!

Aprobeitamos esta entrada para desexar un bo Nadal e un feliz comezo de ano a todo o alumnado do centro, nais e pais, profesores e a todas as persoas que, dunha ou outra forma, participan nas actividades do centro (entre eles, por suposto, á nosa cociñeira e ao noso conserxe, Luís)!! Un saúdo!!










sábado, 16 de decembro de 2017

Novembro, o mes da ciencia!!

No CEIP do Vicedo celebramos tamén o mes da ciencia que este ano estivo adicado a "o pai Merino", que foi un monxe biólogo que impartía clase e que os últimos anos da súa vida os adicou a recorrer Galicia e estudar a súa flora. O pai Merino recolleu e clasificou máis de 12.000 especies diferentes!!

Desde a biblioteca quixemos emular ao pai Merino e fixemos a nosa propia colección cun traballo sobre as árbores que temos no patio: identificamolas, recollimos as súas follas, sacamos fotografías, calcamos o seu tronco, escribimos o seu nome en pedras que posteriormente colocamos xunto ás árbores para identificalas e finalmente elaboramos unha guía das nosas árbores... O esforzo valeu a pena, hai 16 especies distintas!!!







venres, 15 de decembro de 2017

As Idades da Historia

O proxecto sobre as Idades da Historia avanza con paso firme e o centro xa parece un auténtico túnel do tempo que te teletransporta a diferentes épocas...Como? Non credes que sexa para tanto? Mirade entón as imaxes, ides quedar abraiados!!














Está ben ser diferentes!!

O pasado 3 de decembro foi o Día Internacional das persoas con Discapacidade e para conmemorar tan importante data, participamos nun proxecto conxunto con outros 28 centros educativos de toda Galicia.

O proxecto consistía na elaboración e gravación de dous vídeos con frases do libro de Todd Parr "Está ben ser diferentes".

Desde a biblioteca gustaríanos darlle as grazas a todos os colexios participantes por tan bonita e orixinal iniciativa nun día tan especial coma este e tamén por deixarnos formar parte deste proxecto!! Esperemos que vos gusten!!





Temos unha mascota, Manuelita!!


Este ano, o CEIP do Vicedo participa no proxecto "Protexe os animais", que se enmarca dentro do Plan Proxecta. E que mellor maneira de protexer aos animais que tendo un e coidandoo como se merece? A nosa mascota chámase Manuelita e é unha tartaruga. Todos os nenos do centro foron visitala á clase de 2º, cantaron a súa canción e fixéronlle unha representación en forma de manualidade que, durante uns meses, decoraron a biblioteca.

Fixádevos, hai verdadeiras obras de arte!!



Estamos de aniversario: Gloria Fuertes e a serie "Los cinco""

No 2017 cumpríronse 100 anos do nacemento de Gloria Fuertes, a "poeta dos nenos" e 75 anos da serie "Los cinco" da escritora inglesa Enid Blyton. Desde a biblioteca non quixemos deixar pasar esta ocasión e realizamos distintas tarefas para conmemorar estes aniversarios: proxección de vídeos e contos sobre Gloria Fuertes, cancións, debuxos seguindo as súas instrucións e outras moitas actividades.




Novidade: Os marcadores de libros.

Outra das novidades da biblioteca este ano será o uso de marcadores. Os marcadores son cartolinas rectangulares como as da imaxe que se colocan no sitio de onde colles un libro. Así, o próximo día, saberás onde tes que colocalo de novo. Se colaboramos todos, teremos unha biblioteca ordenada!!

Cada clase terá unha cor distinta no marcador. Os alumn@s poñerán o seu nome, decorarán o marcador ao seu gusto e incluirán unha frase por detrás relacionada coa lectura.


xoves, 14 de decembro de 2017

Chegou o Samaín!!

Chegou o Samaín ao CEIP do Vicedo e desde a biblioteca e o Equipo de dinamización da lingua galega, organizamos un concurso de relatos de medo. Cada curso debía de inventar o seu conto terrorífico, tendo en conta aquelas cousas que lle daban medo aos habitantes da época histórica que lles tocou investigar: tormentas, momias, bruxas.... Que pesadelo!!


En cada curso eliximos dous gañadores que leron o seu relato ao resto de compañeiros e, como premio, recibiron un sombreiro de bruxa!! O resto de participantes recibiron tamén uns pequenos obsequios pola súa implicación.

Ademais do concurso de relatos, o centro encheuse tamén de cabazas e ollo... Algunhas eran verdadeiras obras de arte!!!











Día da biblioteca!!

O 24 de outubro, para conmemorar o día da biblioteca, os alumnos do centro fomos á biblioteca municipal de O Vicedo. Alí o seu encargado, José Antonio, explicounos moitas cousas que non todos coñeciamos: cando se fundou, que tipos de libros contén, como se conseguen eses libros, como funciona o préstamo dos libros, os múltiples recursos e servicios que nos ofrece a biblioteca... Foi unha visita moi productiva xa que non todos coñecían a biblioteca e moitos usuarios habituais aprobeitaron para aclarar as súas dúbidas.

O final da visita tivo unha sorpresa moi agradable xa que, relacionado coa nosa temática das "Idades da Historia", os alumn@s poideron contemplar e incluso facer uso dunha máquina de escribir que a maioría  nunca vira!!

Ata outra, José Antonio!!




"As Idades da Historia"

Este ano, desde o equipo da biblioteca, estamos a impulsar un PDI (proxecto documentado integrado) chamado "As Idades da Historia" que será o eixe temático que guíe as actividades e propostas que se realicen no centro ao longo do curso para todos os niveis.

Para iso, dividimos cronoloxicamente as distintas Idades da Historia entre os cursos do CEIP do seguinte xeito:

En cada trimestre, investigaremos sobre un aspecto en concreto da idade histórica (cada curso sobre a súa época). Para este primeiro trimestre a temática serán os oficios.

Ademais, decoraremos o centro ata convertelo nun auténtico túnel do tempo que nos transportará desde as covas prehistóricas ata os edificios actuais pasando por pirámides ou castelos. 

Tede paciencia, compartiremos as novidades no blog!!