martes, 20 de febreiro de 2018

ENTROIDO!!

O pasado venres, 9 de febreiro, o CEIP do Vicedo celebrou por todo o alto o entroido!! Este ano os disfraces estaban relacionados coa PDI "As Idades da Historia", impulsada desde a biblioteca.

Desta forma cada curso vestiuse coas mellores galas dos homes e mulleres da súa época histórica, sobre a cal levan facendo proxectos e afondando desde o mes de outubro. O resultado? Un auténtico túnel do tempo onde non faltaron os cavernícolas, exipcios (con Faraón e pirámide incluído), cabaleiros medievais, damas e nobres, e móbiles modernos.

Cada grupo realizou no pavillón un desfile relacionado coa súa época que preparou a nosa mestra de Educación Física ante a atenta mirada das familias. Ao final os nenos  e nenas de sexto animaron ao resto de alumnos e mestres dos demais cursos e rematamos a festa cuns bailes conxuntos amenizados polo noso conserxe DJ!!!















luns, 5 de febreiro de 2018

Febreiro prehistórico!!

O tempo pasa e a historia avanza no CEIP do Vicedo. Se o mes de xaneiro facía referencia ás covas prehistóricas do Paleolítico, o calendario do mes de febreiro ven cargado de instrumentos e ferramentas que utilizaban os nosos antepasados do Neolítico!!

Rusti e Lúa, novos inquilinos da biblioteca!

Como xa sabedes, o CEIP do Vicedo está inmerso no programa do Plan Proxecta, "Protexe os animais" e, entre as múltiples iniciativas e actividades que se están a impulsar desde o centro, temos a Rusti e Lúa!! 

Rusti e Lúa son unha parelliña de peixes que, desde fai unhas semanas, conviven con nós na biblioteca. Así, ademais de fomentar o coidado e respecto polos animais (xa que son os alumnos os que se encargan de darlles de comer) incentivamos aos nenos e nenas do Vicedo a acudir á biblioteca e coller algún libro para ler na casa.

Día da Paz!!


A semana pasada o CEIP do Vicedo celebrou o día da Paz, do 30 de xaneiro. Para conmemorar tan importante e emotiva data, os alumnos do centro prepararon unhas cancións musicais relacionadas coa temática que interpretaron maxistralmente, coma se pode ver no vídeo. Cancións, bailes, apertas, murais... Non faltou de nada!!

Desde a biblioteca elaboramos un "Muro dos desexos" onde os alumnos puideron escribir, nas semanas previas, mensaxes relacionadas coa paz no mundo.















martes, 23 de xaneiro de 2018

60 anos de Mortadelo e Filemón!

O pasado 20 de xaneiro cumpríronse 60 anos da creación de Mortadelo e Filemón e desde a biblioteca do CEIP do Vicedo quixemos facerlle unha pequena homenaxe.

Deste xeito, nos vindeiros meses os nenos do colexio poderán gozar de decenas de cómics sobre estes dous súper axentes da T.I.A ademais de coñecer cun pouquiño máis de detalle a historia do seu creador, Francisco Ibáñez que é o pai de outras figuras do cómic español coma El botones sacarino, Rompetechos, Pepe Gotera y Otilio ou 13, Rue del Percebe.


martes, 9 de xaneiro de 2018

Estreamos calendario!!

As vacacións do Nadal remataron e os alumnos do CEIP do Vicedo voltan á escola coas pilas cargadas e as enerxías renovadas para este 2018!!

E como cambiamos de ano, no CEIP do Vicedo cambiamos tamén de calendario!! O deste ano vai ser un calendario "histórico" relacionado co PDI que impulsamos desde a biblioteca. Mirade que obra de arte fixeron os alumnos de Educación Infantil!!


domingo, 17 de decembro de 2017

Chegou o Nadal ao CEIP do Vicedo!!

Os alumnos e alumnas do CEIP do Vicedo son uns auténticos artistas e, unha vez máis, volvérono a demostrar con estas manualidades que realizaron para decorar a biblioteca do centro!! Parabéns a todos, gran traballo!!

Aprobeitamos esta entrada para desexar un bo Nadal e un feliz comezo de ano a todo o alumnado do centro, nais e pais, profesores e a todas as persoas que, dunha ou outra forma, participan nas actividades do centro (entre eles, por suposto, á nosa cociñeira e ao noso conserxe, Luís)!! Un saúdo!!